1 00:00:00,000 --> 00:00:01,999 ¡Computadoras! 2 00:00:02,000 --> 00:00:05,999 Encantáronme desde o día en que puiden permitirme ter unha, 3 00:00:06,000 --> 00:00:08,999 xa ao principio da era das computadoras domésticas modernas, 4 00:00:09,000 --> 00:00:10,999 nos anos 80. 5 00:00:11,000 --> 00:00:13,999 E tiven un gran número de tipos diferentes de computadora 6 00:00:14,000 --> 00:00:16,999 e expresei publicamente a miña lealdade a este tipo, ou aquel tipo... 7 00:00:17,000 --> 00:00:23,999 Pero, recentemente, a miña mente cambiou, como a de moita xente, cara a este fenómeno do software libre. 8 00:00:24,000 --> 00:00:25,999 E hai moita confusión acerca do que isto significa, 9 00:00:26,000 --> 00:00:27,999 e gustaríame axudar a aclaralo, 10 00:00:28,000 --> 00:00:30,999 porque este é un ano de celebración, 11 00:00:31,000 --> 00:00:33,999 e quero axudar a celebralo entre todos, 12 00:00:34,000 --> 00:00:35,999 e a mirar cara ao futuro do software libre. 13 00:00:37,000 --> 00:00:38,999 Se tes, non sei, 14 00:00:39,000 --> 00:00:40,999 canos na túa casa, 15 00:00:41,000 --> 00:00:42,999 é posible que non comprendas o seu funcionamento 16 00:00:43,000 --> 00:00:44,999 pero poida que coñezas a alguén que si o comprenda... 17 00:00:45,000 --> 00:00:46,999 E esta persoa podería suxerirche un cambio nun cano por aquí, 18 00:00:47,000 --> 00:00:50,999 unha billa por alá, unha válvula noutra parte... 19 00:00:51,000 --> 00:00:52,999 E non estarías infrinxindo a lei por facelo, non é? 20 00:00:53,000 --> 00:00:54,999 Porque é a túa casa e es o propietario dos canos... 21 00:00:55,000 --> 00:00:56,999 Non podes facer iso coa túa computadora... 22 00:00:57,000 --> 00:00:59,999 Non podes, en realidade, facer ningunha bricolaxe co teu sistema operativo... 23 00:01:00,000 --> 00:01:03,999 E certamente non podes compartir ningunha das ideas que teñas 24 00:01:04,000 --> 00:01:06,999 acerca do teu sistema operativo con outras persoas, 25 00:01:07,000 --> 00:01:11,999 porque Apple e Microsoft, que posúen os dous sistemas operativos máis populares, 26 00:01:12,000 --> 00:01:14,999 son moi firmes na idea de que eles son os propietarios, 27 00:01:15,000 --> 00:01:17,999 e de que ningunha outra persoa pode tocalo. 28 00:01:18,000 --> 00:01:19,999 Isto pode parecerche natural; 29 00:01:20,000 --> 00:01:21,999 "Por que non debe ser así?" 30 00:01:22,000 --> 00:01:23,999 Pero, en realidade, por que non podes facer o que queiras con iso? 31 00:01:24,000 --> 00:01:31,999 E por que non pode a comunidade, en xeral, modificar, mellorar e compartir? 32 00:01:32,000 --> 00:01:33,999 Así é como funciona a ciencia, ao fin e ao cabo... 33 00:01:34,000 --> 00:01:35,999 Todo o coñecemento é libre... 34 00:01:36,000 --> 00:01:37,999 E na boa ciencia compártese todo o coñecemento. 35 00:01:38,000 --> 00:01:39,999 Se non, é mala ciencia, 36 00:01:40,000 --> 00:01:42,999 e é unha forma de tiranía. 37 00:01:43,000 --> 00:01:44,999 E así é como todo isto comezou, 38 00:01:45,000 --> 00:01:46,999 cun home chamado Richard Stallman. 39 00:01:47,000 --> 00:01:49,999 Decidiu, hai vinte e cinco anos... case se cumpren nesta data... 40 00:01:50,000 --> 00:01:53,999 decidiu escribir un novo sistema operativo completo desde cero. 41 00:01:54,000 --> 00:01:59,999 Chamouno GNU, que significa "GNU non é Unix" 42 00:02:00,000 --> 00:02:01,999 porque non o é. 43 00:02:02,000 --> 00:02:04,999 É similar a Unix, en moitos sentidos, 44 00:02:05,000 --> 00:02:10,999 pero cada elemento, cada... cada módulo, cada pequena sección do código 45 00:02:11,000 --> 00:02:13,999 (e é un código enorme porque ha funcionar en moitas moitas plataformas) 46 00:02:14,000 --> 00:02:19,999 está desenvolvido pola comunidade, polos programadores, 47 00:02:20,000 --> 00:02:25,999 que están invitados á comunidade GNU para axudar a mellorar o software. 48 00:02:26,000 --> 00:02:31,999 Cada "distro", como se lles chama, cada distribución de GNU, 49 00:02:32,000 --> 00:02:34,999 compróbase, trabállase sobre ela e refínase 50 00:02:35,000 --> 00:02:39,999 e fano persoas cuxo único interese é crear o sistema operativo perfecto 51 00:02:40,000 --> 00:02:45,999 que poida utilizarse en todo o espectro de plataformas por tantos usuarios como sexa posible. 52 00:02:47,000 --> 00:02:53,999 Entón chegou un momento no que foi necesario escribir o cerne (the kernel), a parte central do sistema operativo... 53 00:02:55,000 --> 00:02:56,999 E un home chamado Linus Torvalds, 54 00:02:57,000 --> 00:02:58,999 do que talvez oístes falar, escribiu o cerne (kernel) 55 00:03:00,000 --> 00:03:01,999 Chamoulle Linux (pronuncia británica), 56 00:03:03,000 --> 00:03:04,999 ou Linux (pronuncia americana), tal como o pronuncian algunhas persoas. 57 00:03:07,000 --> 00:03:08,999 E Linux é o Cerne (Kernel) que se executa dentro de GNU 58 00:03:11,000 --> 00:03:12,999 E estou aquí 59 00:03:14,000 --> 00:03:19,999 simplemente para recordarche que GNU e Linux son os dous alicerces xemelgos da comunidade do software libre 60 00:03:20,000 --> 00:03:21,999 persoas que cren, e esta é a parte importante, 61 00:03:24,000 --> 00:03:25,999 que os programas informáticos deben ser libres 62 00:03:26,000 --> 00:03:27,999 e que debería permitirse á comunidade de usuarios que os adapten, 63 00:03:28,000 --> 00:03:35,999 que os adopten, que os modifiquen, que os melloren, que distribúan esas melloras entre a comunidade, 64 00:03:36,000 --> 00:03:37,999 como na ciencia. 65 00:03:38,000 --> 00:03:39,999 Esto é básicamente o que quero dicer. 66 00:03:40,000 --> 00:03:42,999 Do mesmo xeito que os bos científicos comparten todo e todo o coñecemento é aberto e libre, 67 00:03:43,000 --> 00:03:44,999 o mesmo debería suceder cun sistema operativo. 68 00:03:46,000 --> 00:03:47,999 Así que se apoias a GNU, 69 00:03:48,000 --> 00:03:50,999 se apoias a Linux, e á Fundación do Software Libre, 70 00:03:52,000 --> 00:03:55,999 "entón, que podo facer?" preguntaraste probablemente... 71 00:03:56,000 --> 00:04:00,999 O máis obvio que podes facer é utilizar un sistema operativo GNU/Linux na túa computadora. 72 00:04:01,000 --> 00:04:02,999 É moito máis fácil do que puideses pensar! 73 00:04:03,000 --> 00:04:06,999 Visita o sitio web gnu.org e busca unha distribución que che conveña que che guste. 74 00:04:07,000 --> 00:04:09,999 Probablemente, se che gusta dispor dunha boa contorna gráfica, 75 00:04:10,000 --> 00:04:13,999 algo como g-New-Sense, gNewSense. 76 00:04:14,000 --> 00:04:16,999 Atoparalo en gnu.org. 77 00:04:17,000 --> 00:04:18,999 Ou, se es alguén con moitos máis coñecementos, 78 00:04:19,000 --> 00:04:20,999 quizá queiras facer os teus propios programas. 79 00:04:21,000 --> 00:04:22,999 Quizá queiras contribuír á suma de coñecemento 80 00:04:23,000 --> 00:04:25,999 que fai de GNU e Linux o que son. 81 00:04:26,000 --> 00:04:27,999 En calquera caso, 82 00:04:28,000 --> 00:04:29,999 Espero que te unas a min 83 00:04:30,000 --> 00:04:32,999 en desexar a GNU un moi feliz 25 aniversario. 84 00:04:33,000 --> 00:04:34,999 Fagámolo agora. 85 00:04:38,000 --> 00:04:39,999 Feliz aniversario, GNU! 86 00:04:40,000 --> 00:04:41,999 25 anos. 87 00:04:42,000 --> 00:04:43,999 O sistema operativo do futuro 88 00:04:44,000 --> 00:04:45,999 Pola LIBERDADE! 89 00:04:53,000 --> 00:04:54,999 ¡Ñam, realmente bo! 90 00:04:55,000 --> 00:04:56,999 O sistema operativo máis saboroso do mundo... 91 00:04:57,000 --> 00:04:58,999 e é completamente libre. 92 00:05:06,000 --> 00:05:09,999 Tradución: M. Meixide Corrixido por: X.Crego 93 00:05:10,000 --> 00:07:09,999 www.bagonix.net www.GALPon.org www.GLUG.es www.mancomun.org www.GNU.org www.FSF.org